Saltar ao contido principal

Publicacións

Destacados

TEMA 11 DIDÁCTICA: A avaliación na aula de linguas estranxeiras

Ola de novo, compañeiras! Esta entrada corresponde ao tema 11 da materia de Didáctica e nela vou abordar a avaliación das linguas estranxeiras. En concreto, voume centrar nos conceptos de avaliación inicial , formativa e final e no emprego de descritores ou rúbricas . Comezarei ofrecendo unha definición actualizada de avaliación, despois afondarei nos tipos de avaliación vistos ao longo do tema e rematarei coa abordaxe das rúbricas e unha conclusión persoal. Avaliación (que non cualificación) Como sabedes, neste blog titulado Innovando na docencia veño publicando dende hai uns meses diferentes entradas relacionadas cos contidos dalgunhas materias do Mestrado en Profesorado. Moitas das publicacións versan sobre procesos, técnicas e conceptos que, dunha maneira ou outra, supoñen un elemento de innovación no eido da docencia. Esta última entrada non é menos e, neste sentido, gustaríame subliñar a idea de avaliación como un dos procesos de innovación docente que como futuras profe...

Publicacións máis recentes

TEMA 3 DIDÁCTICA: Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula

TEMA 1 DIDÁCTICA: Situacións e variábeis de ensino das linguas estranxeiras