TEMA 3 DIDÁCTICA: Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula

Ola a todas!

Esta nova entrada está adicada á síntese e reflexión do tema 3 da materia de Didáctica: Estratexias de comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula. Procedementos para o fomento das habilidades comunicativas na aprendizaxe de linguas estranxeiras. Este tema vertébrase a través do estudo de tres conceptos clave, que son a mediación (oral e escrita), a comprensión (escrita e oral) e a produción (escrita e oral).

Mediación

A mediación é o punto vertebrador do tema 3 máis descoñecido para nós tanto como estudantes como futuras docentes de linguas estranxeiras. Na didáctica de linguas estranxeiras, enténdese por tarefas de mediación aquelas actividades de lingua nas que o usuario non expresa as súas propias ideas, opinións ou sentimentos, senón que actúa en calidade de intermediario ou mediador entre outras persoas que teñen problemas de comunicación de maneira directa, ben sexa na lingua oral ou na escrita. En concreto, as estratexias de mediación resultan recursos comunicativos que axudan a levar a cabo con éxito unha actividade lingüística real. Estas actividades lingüísticas poden ter carácter monolingüe (transferencia de información nunha mesma lingua) ou bilingüe (transferencia de información entre dúas linguas).

A introdución da mediación como ferramenta de aprendizaxe dunha lingua estranxeira no noso sistema educativo xustifícase, principalmente, polo disposto no MCER. Este marco europeo de referencia das linguas avoga pola substitución do modelo tradicional de catro destrezas (escoita, lectura, escritura e fala) por un novo modelo de comunicación baseado na recepción, interacción, produción e mediación. Por tanto, o MCER afástase do enfoque tradicional da ensinanza-aprendizaxe das linguas para adoptar un enfoque baseado na co-construción do significado. Neste sentido, o Companion Volumedo MCER (2020) resulta unha referencia de primeira orde para establecer os descritores das actividades de mediación nas aulas e, por outra banda, tamén resultan claves na xustificación da mediación os currículos das Escolas Oficiais de Idiomas (Real Decreto 1041/2017) e do Bacharelato.

A abordaxe máis interesante deste tema foi sen dúbida a posta en práctica do concepto de mediación a través do deseño en grupos dunha actividade real de mediación. No noso caso, elaboramos unha actividade de mediación oral multimodal pensada para unha clase de 1º de Bacharelato (nivel B1) que consistía en describir a un alumno de fala inglesa invidente un cadro (El Guernica ou Las Meninas) e o texto descritivo que o acompaña. A través desta actividade buscabamos, por unha banda, traballar a competencia en comunicación lingüística a través dun exercicio de mediación é, por outra, achegar o patrimonio cultural español de maneira inclusiva a unha persoa estranxeira e invidente. Parécenos que as actividades de mediación préstanse moito para abordar este tipo de cuestións (intercambio cultural e inclusión) e non quixemos perder a oportunidade de polo en práctica nesta ocasión. O resultado final da actividade foi satisfactorio e cremos que, pese a ser o primeiro destas características que facemos, o exercicio adáptase ben ás expectativas dunha actividade de mediación para unha clase de 1º de Bacharelato. En calquera caso, a realización desta tarefa en grupos axudounos a interiorizar máis facilmente o concepto de mediación e tamén nos permitiu por en práctica a súa abordaxe como docentes.

 

Con todo, a mediación como actividade de aprendizaxe das linguas estranxeiras aínda non está implantada en todas as etapas educativas en España e, en canto á investigación, tampouco existe unha ampla bibliografía referente a esta nova abordaxe das linguas. Por iso a mediación podería resultar interesante para nós como suxeito de estudo dun posible TFM ou mesmo dunha tese doutoral dentro do noso campo de especialización. En calquera caso, o futuro da docencia de linguas non se entende sen un cambio de modelo que veña da man da mediación como ferramenta de aprendizaxe e comunicación.

Comprensión e produción

Ao longo do tema 3 tamén afondamos na comprensión, a expresión e a interacción na docencia de linguas estranxeiras. As actividades de comprensión e as actividades de expresión e interacción serven para traballar as capacidades e habilidades do alumnado para comprender un texto oral ou escrito e para crear un texto oral ou escrito, respectivamente. No entanto, este tipo de actividades non son novas para a maioría de nós, dado que estas véñense pondo en práctica no sistema educativo dende hai anos. Mais o que si supuxo unha novidade foi coñecer maneiras máis efectivas de de levar a cabo estas actividades.

Por exemplo, as actividades de escoita ou lectura poden abordarse de xeito extensivo, que consiste en comprender o contexto e as ideas máis xerais, ou intensivo, que consiste en entender información máis detallada. De feito, nunha mesma actividade poderían mesturarse as dúas abordaxes (e mesmo sería recomendable facelo), de maneira que nunha primeira lectura ou escoita se propuxesen exercicios de carácter extensivo e nunha segunda, exercicios de carácter máis intensivo.

Pola súa banda, a abordaxe das actividades de produción dun texto escrito ou oral  por parte do alumnado debería levarse a cabo de maneira integral. É dicir, o máis recomendable sería ensinar e guiar ós estudantes ao longo do proceso de creación: ao inicio a través dun plan ou unha guía coas ideas principais que se queren comunicar, despois a través dun borrador e finalmente a través dunha revisión e mellora da produción que dará lugar á versión definitiva do texto oral ou escrito.

Co obxectivo de por en práctica esta segunda parte do tema, tamén tivemos a oportunidade de traballar en grupos e elaborar a nosa propia actividade de comprensión oral ou escrita. Unha vez máis, nós optamos por achegar a cultura ao alumnado a través das actividades propostas na clase e desta volta apoiámonos na festividade do Thanksgiving Day dos Estados Unidos para propor un exercicio de compresión oral dividido en actividades de pre-comprensión, actividades durante a comprensión (de carácter extensivo e intensivo) e actividades de post-comprensión. De novo, esta práctica en grupo resultou interesante e ilustrativa dende a perspectiva docente e axudounos a achegarnos un chisco máis á labor de profesor que esperamos poder desenvolver de aquí a pouco.

Comentarios

  1. ¡Hola, Andrea! Enhorabuena por tu entrada, por la laboriosa actividad de mediación y por tu participación también para la actividad de How I Met Your Mother. Me parece que han sido dos trabajos muy bien reflexionados. El de mediación me parece un trabajazo, inclusivo, completo y original. Sin duda, al igual que tú, el hecho de diseñar nuestras propias actividades de mediación me ha parecido muy provechoso; es una destreza que da mucho juego. ¿Qué decirte de la actividad de compresión oral? jajaja Pues como buena compañera de trabajo, me parece que hemos hecho las tres un buen equipo y el resultado ha sido estupendo. Innegablemente, la comprensión y la expresión no es una novedad para los estudiantes de lenguas, sin embargo, como bien dices, el hecho de distinguir entre abordajes intensivos y extensivos, de secuenciar y jerarquizar las actividades de menor a mayor dificultad, es el elemento novedoso y, a veces, también es lo más complicado. Considero que, en ocasiones, es más complejo simplificar los ejercicios que complicarlos o endurecerlos. Me resulta tarea ardua el tratar de buscar esos pequeños ejercicios de pre-comprensión o de pre-escucha, más que los propios ejercicios de comprensión pero son muy relevantes.

    ¡Enhorabuena por todo!

    ¡Un abrazo!

    ResponderEliminar
  2. ¡Hola Andrea! Enhorabuena por tu entrada, creo que has sabido resumir y explicar muy bien los conceptos dados en este tema.
    Creo que todas hemos agradecido el poder llevar la teoría a la práctica, especialmente con el término de mediación que, aunque lo habíamos mencionado anteriormente en otra asignatura, nunca llegamos a profundizar en un contexto de aula. Vuestra actividad me parece muy original e útil al mismo tiempo, ya no solo por acercar al alumnado al ámbito cultural desde una perspectiva que atraerá su atención sin duda, sino también por el hecho de haber pensado en la inclusión. Creo que hoy en día por fin se le está empezando a dar la importancia que merece a la inclusión y atención a la diversidad (aunque aún nos quede mucho camino) y estas actividades podrían ayudar mucho al aula y a concienciarlos sobre este tema, algo que a estas edades puede resultar complicado.
    Por otro lado, la actividad de Thanksgiving me ha encantado también, y el hecho de haber introducido un fragmento de una serie, que al final es algo a lo que dedican mucho de su tiempo libre (y más en esta situación), me parece una idea que va a atraer su atención y motivarlos con la actividad.
    ¡Enhorabuena de nuevo!
    Un saludo :)

    ResponderEliminar
  3. Ola, Andrea!
    Antes de comezar, gustaríame felicitarte por esta entrada tan completa, creo que explicas os aspectos máis importantes do tema dunha maneira moi clara e, ademais, enlazas moi ben a teoría cos exercicios prácticos realizados na aula. Parece que o tema da mediación foi o máis atractivo para a maioría de nós, pois é un aspecto moi recente e que nunca experimentamos como alumnado. Considero que a introdución da mediación como ferramenta de aprendizaxe é un gran acerto, pois permite mellorar tanto a comprensión como a produción dunha mensaxe e, ademais, pode ser moi útil para a nosa vida. Chamoume moito a atención a actividade de mediación que fixo o teu grupo, pareceume do máis interesante o feito de introducir o tema da arte, normalmente olvidado no sistema educativo, e tamén o feito de que consistira en describir un cadro para unha persoa invidente. É unha tarefa que se podería realizar perfectamente nunha aula de idiomas e que podería ocorrer tamén na vida real, polo que se adapta á perfección ás directrices que tiñamos que seguir. Felicítovos por esa actividade tan completa, integrada e inclusiva!
    Moitas grazas por esta entrada :)
    Unha aperta forte!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares