DOSIER TEMA 6: AS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS VIXENTES
Ola de novo! Hoxe vou falar do tema 6, As programacións didácticas vixentes, e especialmente da parte práctica do mesmo, na que tamén puidemos traballar en grupo.
Neste novo tema afondamos nos aspectos máis importantes das programacións didácticas das linguas estranxeiras para a ESO, o Bacharelato, a FP e as Ensinanzas de linguas de réxime especial. En liñas xerais, podemos dicir que esta temática resultou moito máis lixeira e concreta que o tema anterior que, como mencionei noutra publicación, incluía contidos máis densos de carácter lexislativo.
Como futuros docentes de linguas, imos ter que afrontar a elaboración ou co-elaboración da programación didáctica da nosa materia antes ou despois. Dende esta perspectiva, ten sentido achegarnos neste mestrado ás programacións didácticas a nivel teórico pero, sobre todo, e fundamentalmente, a nivel práctico. Por sorte, na programación do tema 6 incluíuse unha actividade que para min foi unha das máis útiles a nivel pragmático das que fixemos ata o momento.
Esta actividade consistiu na análise en grupo dunha programación didáctica real segundo a rúbrica de avaliación empregada no concurso de oposición en Galicia. O noso grupo escolleu por unanimidade a programación didáctica de inglés para 4º da ESO do IES Santa Irene de Vigo para o curso académico 2019-2020. Decidimos traballar sobre esta porque buscabamos unha unidade didáctica que cumprise o máximo posible os estándares esixidos para tal documento e, logo dunha rápida busca, esta programación do IES Santa Irene semellaba a máis profesional e con maior calidade nos contidos, na estrutura e na redacción. O obxectivo final para o noso grupo era atopar e debullar unha programación de certa calidade que nos puidese servir de referencia para o futuro. E así foi. Malia a que despois de analizar en profundidade a programación decatámonos de que había algúns apartados incompletos, o documento gardaba efectivamente a relación de contidos que cabe esperar dunha programación. Ademais, a programación analizada acadaría unha cualificación satisfactoria segundo os criterios de avaliación da rúbrica da oposición. Velaquí o noso traballo de análise e avaliación da programación.
Como xa avancei anteriormente nesta publicación, este exercicio de análise en grupo foi sen dúbida a práctica que máis me achegou á realidade da docencia das linguas estranxeiras e a que máis me axudou a esbozar un bosquexo mental non só da programación dunha materia, senón dun suposto de oposicións. En resumo, considero esta actividade moi completa e enriquecedora para a aprendizaxe activa do alumnado e, en consecuencia, espero que se manteña na programación do tema 6 para as vindeiras promocións do mestrado.
Hola Andrea,
ResponderEliminarEstoy totalmente de acuerdo contigo, esta actividad basada en materiales reales (tanto la programación como la rúbrica de evaluación) me ha parecido muy útil para comenzar a tener contacto con el tema de las oposiciones, pero también para saber cómo están organizadas y completadas las programaciones de centro. Además, al haber podido analizarla en grupo considero que lo ha hecho mucho más llevadero. Sin duda, haber encontrado una que está completa puede servir de ayuda para ofrecer una idea general e incluso como guía en un futuro, ¡me alegro que hayáis encontrado una así!